Experiencias

Desde a Navieira Mar de Ons ofrecémosche unha variedade de experiencias únicas na Ría de Vigo. Desde travesías para ver fogos artificiais, ata navegacións temáticas e un barco adornado con luces de Nadal. Unha ampla oferta de experiencias que che farán mergullarche na beleza natural de Galicia e a súa costa.
Baiona

Festa da Arribada – Baiona

Desde 20€ por persoa

En barco á Arribada – Embárcate cara 1493. Vive unha experiencia exclusiva, diferente e inesquecible chegando en barco á festa da Arribada en Baiona do mesmo modo que o fixo hai mais de 522 anos a tripulación da Carabela Pinta.

Percorrer a nosa ría cunha salada brisa mariña acariciando o teu rostro é unha experiencia única. Navengando as nosas augas, as cales albergan grandes tesouros, podes admirar lugares tan impresionantes como os areais infinitos do Morrazo, Monteferro ou as Estelas, todo iso coas Illas Cíes como telón de fondo. Como non podía ser doutra maneira, a nosa ría atópase custodiada por diversos faros, vixías situados en impresionantes enclaves que axudan, día tras día, ás embarcacións a chegar a bo porto.

Buscas unha celebración de Halloween diferente? Naviera Mar de Ons descóbreche como pasar unha noite de Halloween diferente, onde o mar de novo se converte en protagonista das nosas festas nocturnas.

Moi pouca xente imaxina que, na nosa terra, Galicia, existía unha celebración moito máis antiga que o famoso Halloween americano. Esta festa de raíces celtas, tamén coñecida como a xornada dos fieis defuntos ou Samaín, que significa “fin do verán”, celebrábase hai miles de anos en todo o territorio celta na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro.

A mellor música a bordo, un menú elaborado especialmente para a ocasión e os mellores disfraces agárdante a noite do 31 de outubro. Sen dúbida a mellor opción para saír en Halloween en Vigo durante a noite máis terrorificamente divertida do ano.

Especial Halloween – Cea e Música

Xira pola ría con degustación de mexillóns – Ría de Pontevedra

Mar de Ons ofréceche a posibilidade de navegar durante unha hora e media pola Ría de Pontevedra e gozar dunha incrible vista panorámica de toda a ría e da Illa de Ons.

Nesta travesía navegaremos preto da praia de Aguete, a Escola Naval Militar de Marín, a Illa de Tambo, Combarro e Raxó. Ademais, poderás degustar a bordo un dos produtos estrela da nosa terra: o mexillón. Grazas a este manxar descubrirás o auténtico sabor do mar!

Dende Mar de Ons invitámoste a presenciar este fantástico paseo marítimo pola Ría de Pontevedra no que nos aproximaremos ás bateas, tan coñecidas en Galicia e pouco comúns noutras zonas.

Festas na Ría de Vigo: fogos de Bouzas. O municipio vigués de Bouzas, en plena Ría de Vigo, celebra en xullo a súa festa tradicional na honra do Cristo dos Aflixidos.

Esta festa foi declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia. Non te perdas os fogos de Bouzas e goza a bordo! O gran día dos fogos de artificio é o terceiro domingo de xullo, unha das noites máis esperadas do ano.

Cada ano, os nosos clientes reservan os seus billetes para gozar deste marabilloso espectáculo pirotécnico a bordo. Sen dúbida, esta é a mellor fórmula para gozar deles e da fermosa paisaxe que nos ofrece a Ría de Vigo de noite.

Fogos de Bouzas

Fogos de Sanxenxo

O gran día dos fogos de artificio é o terceiro domingo de xullo, unha das noites máis esperadas do ano. Ao rematar o verán, celébranse as súas festas patronais (entre o 4 de agosto e o 5 setembro) – que teñen como colofón os espectaculares Fogos de Sanxenxo.

Os fogos artificiais de Sanxenxo son capaces de fascinar a maiores e pequenos; é o belo resultado efémero imposible de perder cada ano. Por iso, se ti tampouco o queres perder, debes reservalo con antelación e así gozar a fervenza de luces que iluminarán á medianoite o ceo de Sanxenxo.

Naviera Mar de Ons ofréceche a posibilidade de vivir ese espectáculo pirotécnico tan abraiante e especial a bordo. Goza dunha posición estratéxica nunha das nosas embarcacións; presenciarás un xogo de luces que ten como escenario o ceo, como espello o mar, e como pano de fondo, a vila mariñeira de Sanxenxo.

Naviera Mar de Ons ofréceche a posibilidade de navegar durante unha hora e media pola Ría de Vigo, mentres gozas dunhas impresionantes vistas panorámicas de toda a ría ata chegar á maxestosa ponte de Rande grazas á nosa ruta do mexillón con degustación a bordo.

Durante esta travesía marítima que se realiza polas tranquilas augas do interior da Ría de Vigo, observarás puntos tan importantes da súa costa como o porto pesqueiro de Vigo, un dos portos pesqueiros máis grandes do mundo; o monte da Guía; as vilas mariñeiras da península do Morrazo, como Cangas e Moaña; os polígonos de bateas…; e todo degustando a bordo un dos produtos estrela da nosa terra: o mexillón, acabado de preparar para que descubras o auténtico sabor do mar!

Vigo

Xira pola ría con degustación de mexillóns – Ría de Vigo

Bágoas de San Lourenzo – Perseidas

As Bágoas de San Lourenzo chegan ao seu punto de máxima intensidade entre o 11 e o 13 de agosto e Mar de Ons, como tódolos anos, pon en marcha un servizo especial para poder contemplar este fenómeno astronómico dende o mar.

Goza das Bágoas de San Lourenzo a bordo. Naviera Mar de Ons ofréceche a posibilidade de gozar dun dos fenómenos astronómicos máis espectaculares do ano: as Bágoas de San Lourenzo ou, para os amantes da astronomía, a chuvia de estrelas das Perseidas.

Este espectacular evento convértese nunha cita obrigada entre a nosa clientela en verán. Durante uns días, o ceo énchese de estrelas fugaces e Mar de Ons porá rumbo cara o ceo das Illas Cíes.

Se estás buscando un plan de verán diferente, orixinal e único en familia ou con amigos…Por qué non pasar unha noite ceando nun barco coa Ría de Vigo como escenario e a cidade olívica como telón de fondo?

Naviera Mar de Ons ofréceche a posibilidade de desfrutar dunha noite máxica a bordo dun dos seus buques insignia, o Mar Vigo, para gozar dunha cea en barco, escoitar música… e navegar!

Baixo o título “Mar de Noches”, Naviera Mar de Ons presenta unha das nosas últimas iniciativas na que conxugamos a mellor música, a paisaxe engaiolante da Ría de Vigo e a gastronomía. É sen dúbida a mellor aposta nocturna para as noites do verán.

Mar de Noches – Cea e Música

Combarro, o pobo costeiro máis bonito de Galicia

Combarro é un dos pobos máis visitados da nosa comunidade autónoma. Considerado o pobo costeiro mais bonito de toda Galicia, convertese nunha visita obrigada para o turismo nacional e estranxeiro. Situado na provincia de Pontevedra, conta coa maior concentración de hórreos de toda Galicia, ¡nada máis e nada menos que 60 hórreos! Dos que 30 deles, alíñanse á beira da ría.

Navieira Mar de Ons, ofréceche cada verán a posibilidade de visitar este pobo mariñeiro onde o mar, os hórreos e os cruceiros son os grandes protagonistas de esta pequena e fermosa localidade. Embárcate cada sábado e domingo dende Portonovo ou Sanxenxo e navega ata Combarro, coñecerás o pobo costeiro mais bonito e con máis encanto de Galicia.

Mar de Ons achégache a augas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para que poidas vivir unha experiencia Starlight.

Estrelas, constelacións e planetas están a esperarche nunha noite única.

Xuntos gozaremos de todos os recursos que nos ofrece o ceo! aprendendo a diferenciar constelacións a primeira ollada.

Pasa unha noite baixo o ceo estrelado do espazo natural certificado como un dos catorce enclaves do mundo ‘Destino Turístico Starlight’ e con certificado ‘Sello Observer’.

Experiencia Starlight

Especial Nadal – Cea e Música

Viaxar connosco en “O Barco do Nadal de Vigo” é unha das formas máis sorprendentes de vivir o famoso Nadal desta cidade. Trátase dunha experiencia única, pensada para os verdadeiros amantes do Nadal e para diferentes tipos de públicos: nenos, nenas, novas e novos, adultos, maiores etc.

“O Barco do Nadal de Vigo” vén cada ano cargado de luces, música e moitas sorpresas que o enchen todo de espírito do Nadal. Durante o traxecto, de aproximadamente hora e media, podes gozar dun percorrido pola Ría de Vigo no noso barco “Mar Vigo”, que se transforma nesta época en “O Barco do Nadal de Vigo” decorado especialmente para a ocasión: caixa de correos real, luces, grilandas, árbores, música...

Ademais, os viaxeiros e viaxeiras tamén teñen a oportunidade de coñecer a Papá Noel, o paxe dos Reis Magos ou ao Grinch. Mentres, os máis pequenos da familia tamén poden escribir a carta aos Reis Magos e botala á caixa de correos real.

“O Barco do Nadal de Vigo” é unha das experiencias máis innovadoras e espectaculares do nadal vigués, na que cada ano sóbense a bordo máis de 3000 persoas. ¡Non o perdas!